Oportunidades laborais para os universitarios
Os universitarios e egresados da USC terán este xoves 25 en Santiago unha oportunidade de atopar emprego ou coñecer as orientacións profesionais máis axeitadas ao seu perfil académico. O evento Entérate Santiago, que se desenvolverá no Hotel Monumento San Francisco, está apoiado pola Universidade de Santiago de Compostela, IGAPE, Xunta de Galicia e Concello, e nel colaboran entidades e empresas como Bricomart, a Escola de Negocios de Novacaixagalicia ou a Embaixada de Canadá. Nesta feira de emprego, persoal da Oficina de Información Universitaria e do servizo de Orientación Laboral da USC proporcionará información acerca da elección de posgrao e presentará a oferta académica da institución.