Ir o contido principal

O Orfeón 'Terra a nosa' ofrece un recital en Lugo

O Orfeón ‘Terra a nosa’ ofrecerá un concerto este luns 26 ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo, dentro do ciclo de música clásica ‘Músicas a carón da Mosqueira’ que organiza Lugo Cultural. O recital terá entrada gratuíta.
Baixo a dirección de Miro Moreira, Jordi Ricard (barítono), Aída López (soprano), Juan Manuel Varela (piano), Nicasio Gradaille (piano) interpretarán o Réquiem de Johannes Brahms na súa versión con pianos, que se estreou en Londres no ano 1871 e, en grande medida, axudou a asentar a reputación internacional do compositor.
Próximos concertosO programa de ‘Músicas a carón da Mosqueira’ continuará o día 10 de xuño coa actuación da Orquestra Rogelio Groba e rematará o 13 de decembro coa presentación do novo disco do coro Solo Voces, un traballo que dedican integramente á cidade de Lugo facendo unha panorámica da música vocal composta na provincia nos dous últimos séculos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2010.