Organizan en Ciencias Económicas e Empresariais un curso de Microcréditos para o desenvolvemento
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais será o escenario no que se vai desenvolver un curso sobre Microcréditos como instrumento de financiamento ao desenvolvemento que organiza a ONG Treball Solidari co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID). Celebrarase entre os días 5 e 8 de novembro en horario de 18.00 a 20.00 o primeiro día e de 16.00 a 20.00 horas os restantes. Esta é unha acción formativa de carácter gratuíto, na que as prazas se asignarán por orde de inscrición. O curso coincide coa exposición ‘Muller e microcréditos que percorrerá as 17 comunidades autónomas co obxectivo de mostrar historias de mulleres que viven en países empobrecidos e que se beneficiaron desta fórmula para autoempregarse. O programa completo pode atoparse no blog da facultade compostelá. Para acadar máis información sobre as inscricións, as persoas poden dirixirse ao enderezo cursomicrocredito [at] gmail.com (cursomicrocredito[at]gmail[dot]com) ata o mesmo dia de comezo do curso.