Ir o contido principal

Organizan un obradoiro especializado sobre innovación aberta e open data

O grupo Gis-T Idega e o Máster en Sociedade da Información da USC organiza un workshop especializado en ‘Innovación Aberta e Open Data’ que se vai celebrar entre o 19 e o 23 de xuño na Universidade Nova de Lisboa. Actualmente, o encontro está aberto a presentación de contribucións orixinais relacionados cos temas de interese en formato de artigos, artigos curtos ou pósteres. As achegas poderanse presentar ata o 26 de febreiro en español, portugués ou inglés, para o que se enviarán ao correo workshop.lab2013 [at] gmail.com (workshop[dot]lab2013[at]gmail[dot]com). Esta é unha iniciativa que conta coa colaboración do Unión Xeográfica Internacional e do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia que se vai desenvolver no marco da 8ª Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información (CISTI2013). Tanto a Conferencia como o propio Workshop permitirá definir espazos de interrelación para o coñecemento mutuo de persoas e colectivos interesados nos laboratorios cidadáns e no open data. A pretensión é construír redes colaborativas interdisciplinarias e internacionais para formular e impulsar novos proxectos e ideas. As persoas interesadas poden atopar máis información na web do Gis-T.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2013.