Ir o contido principal

A Orquestra Castro Navás clausura a exposición ARTE-factos

O proxecto campUSCulturae clausura este xoves 28 ás 18.00 horas no Colexio de Fonseca a exposición ‘ARTE-factos. Dinamitando prexuízos desde a integración’ coa actuación da Orquestra Castro Navás da Fundación Menela, integrada por músicos con autismo. A orquestra está integrada por Sergi Mas-sana Molina (teclado), José Angel Sanromán Portela (metalógo e timbal/prato), Marta Alonso Núñez (congas), Santiago González Alonso (bombo), Miguel Crespo Trujillo (tamboril) e Óscar Vázquez Molares (frauta). O equipo da orquestra complétase coa participación dos técnicos Carlos Veiga (guitarra e percusión), Xela Conde (violín e frauta) e Bea Pérez (frauta). No recital, de entrada libre, interpretarán adaptacións do vals de ‘Amélie’ de Yann Tiersen, de ‘Axéitame as polainiñas’ de Milladoiro, do ‘Swit de danzas’ de Lorena McKen-nitt, de ‘Mr Bobi’ de Manu Chao e do Pasodobre de San Roque.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2013.