Ir o contido principal

A Orquestra CREA interpreta en Santiago un dos seus catro concertos en Galicia

A Orquestra CREA interpreta en Santiago un dos seus catro concertos en Galicia
A Orquestra CREA interpreta en Santiago un dos seus catro concertos en Galicia
O seu repertorio inclúe un concerto para tuba e orquestra

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC colabora na organización do concerto que a Orquestra CREA, orquestra universitaria de Amsterdam, ofrecerá este xoves 3 na Igrexa de San Francisco de Compostela. A Área de Cultura universitaria participa na posta en escena que esta prestixiosa formación dirixida dende hai 25 anos por Bas Pollard realizará no seu concerto en Compostela, un dos catro que ofrecerá en Galicia. O concerto, que comezará ás 22.00 horas, é de entrada libre ata completar o aforo. O programa para a noite do xoves inclúe ‘España’ de Emmanuel Chabrier, ‘Granada’ da ‘Suite Española’ de Isaac Albéniz, a Primeira Sinfonía de Johannes Brahms e o ‘Concerto para tuba’ de Ralph Vaughan Williams. Con respecto a esta última obra, a orquestra CREA porá o protagonismo na tuba, unha situación infrecuente nos repertorios de concerto. Nesta ocasión o solista será Guillermo Collazo Cortegoso, natural de Pontevedra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2014.