Paco Pestana pechou a Semana cultural de Ciencias Económicas e Empresariais
O artista Paco Pestana foi o encargado de pechar este venres a Semana Cultural da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Presentado pola historiadora da arte e comisaria de exposicións Cristina Carballedo, Pestana ofreceu a charla ‘Hoxe coa sombra espida do poeta’. Ao longo de toda a semana a Facultade acolleu diversas mesas redondas, un cinefórum, unha sesión de exhibición de debate de competición, unha exposición e a gala do concurso de vídeos ‘Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!’.