O Paraninfo da Universidade acolle dous concertos a vindeira semana
A Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC organiza a vindeira semana dous recitais no Paraninfo, na Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é libre ata completar o aforo. O luns, 9 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar o segundo concerto do ciclo Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia con Michal Ryczel ao violín, Anne Schlossmacher á viola, Oriol Xicart no contrabaixo e Laurent Blaiteau na frauta. Interpretarán obras de Beethoven, Reinhold Glière, Erwin Schulhoff e Frank di Polo. O mércores 11, ás 20:00 horas, será o concerto Gustav Mahler e a Viena de Fin de Século, en homenaxe a Mahler no ano en que se conmemora o centenario da súa morte. O barítono Marcos García acompañado ao piano por Adolfo Muñóz ofrecerán un programa con cancións de Mahler e Zemlinsky, así como pezas pianísticas de Schönberg, Zemlinsky e Brahms. unha viaxe no tempo para trazar ao redor da figura de Mahler un percorrido pola apaixonante Viena de fin do século XIX.