Pesar polo pasamento de José Rábade, membro do Consello Social da USC
Pesar polo pasamento de José Rábade, membro do Consello Social da USC
A Universidade de Santiago de Compostela lamenta o pasamento de José Rábade Arias, membro do Consello Social da institución académica dende o ano 2013, un dos tres designados en representación das organizacións sindicais.
O reitor Juan Viaño, en nome propio, do equipo de dirección e da comunidade universitaria, transmítelle á familia e amizades, con lembranzas especias para a súa dona Viry Álvarez, a súa filla Alba e o seu fillo Ángel, o “enorme pesar por esta perdida irreparable”.
O funeral celebrarase hoxe, domingo día 11, ás 20.00 horas na igrexa parroquial de Santa María de Saavedra, no concello lucense de Begonte.