Ir o contido principal

Pecha a inscrición para a segunda edición do curso de iniciación de tiro con arco do Campus de Lugo

A Vicerreitoría de Cultura da USC, a través da área de Deportes, pecha este venres 9 o prazo de inscrición para a segunda edición do curso de iniciación ao tiro con arco no Campus de Lugo, destinado a todos os membros da comunidade universitaria.
O curso, que dará comezo este luns 12, desenvolverase os luns e mércores deste mes, entre as 15:30 e as 17:30 horas, nos sotos da Facultade de Veterinaria, baixo do Pavillón Central.
A matrícula ten un prezo de 25 euros e os interesados en inscribirse poderán facelo na Oficina de Deportes do Campus de Lugo, situada no Edificio da Biblioteca Intercentros, ou chamando ao teléfono 982 28 59 00 nas extensións 23584 ou 42336.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2008.