Ir o contido principal

Pemade e Confemadera inauguran este venres na EPS de Lugo unha nova edición do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural

A Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) da USC pon en marcha este venres 18 de setembro unha nova edición do Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, un posgrao propio da USC pioneiro en España pola súa temática e organizado en colaboración con Confemadera Hábitat Galicia.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, presidirá este venres, ás 9.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo a sesión inaugural da sexta edición dun posgrao propio da USC, no marco dun acto no que tamén intervirán o catedrático da USC e director do máster, Manuel Guaita; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; e a secretaria xeral de Confemadera Habitat Galicia, Ana Oróns.

As persoas matriculadas nesta nova edición do máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural, ademais dalgún dos profesionais e profesores que impartirán sesións formativas no marco deste posgrao universitario tamén participarán na sesión inaugural, trala que xa darán comezo as clases.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2015.