Ir o contido principal

O período de admisión en mestrado universitario permanecerá aberto do 7 de xuño ao 17 de xullo

Os mestrados teñen como finalidade a adquisición por parte do estudantado dunha formación avanzada, de carácter especializado ou interdisciplinario. FOTO: Santi Alvite
Os mestrados teñen como finalidade a adquisición por parte do estudantado dunha formación avanzada, de carácter especializado ou interdisciplinario. FOTO: Santi Alvite
A admisión nun total de 72 titulacións pode formalizarse a través da páxina web de Xestión de Servizos Académicos, no apartado de admisión e matrícula en mestrados
Lugo, Santiago de Compostela

O prazo para solicitar a admisión en mestrados de criterios xerais e específicos na USC permanecerá aberto do 7 de xuño ao 17 de xullo. En total a oferta da USC neste eido atópase integrada por 72 titulacións. A admisión pode formalizarse a través da páxina web de Xestión de Servizos Académicos, no apartado de admisión e matrícula en mestrados.

Para acceder a estes estudos é preciso dispor dun título oficial de graduada ou graduado universitario, un título universitario oficial español —licenciada/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, enxeñeira/o técnica/o, arquitecta/o técnica/o, diplomado/a— ou calquera outra titulación oficial equivalente; ou tamén un título expedido por unha institución de educación superior doutro Estado do Espazo Europeo de Educación Superior que permita, nese país, acceder ás ensinanzas de mestrado.

Os mestrados teñen como finalidade a adquisición por parte do estudantado dunha formación avanzada, de carácter especializado ou interdisciplinario, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben para iniciarse en labores de investigación.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2023.