O período de matrícula nos cursos de español para estranxeiros amplíase ata o día 28
A matrícula nos cursos de español como lingua estranxeira amplíase ata o próximo 28 de febreiro. Ao mesmo tempo, o Centro de Linguas Modernas (CLM) ten prevista a realización de novas probas de nivel para estes cursos os próximo días 18, 20 e 25 Este é un curso destinado a alumnado de intercambio, membros da comunidade universitaria e a calquera persoa maior de 16 anos interesada. Consta de 100 horas, o 40 por cento correspondentes a sesións presenciais e as 60 horas restantes a traballo autónomo, que poderán ser recoñecidas como un mínimo de 4 créditos ECTS por parte da Universidade de orixe ou con 2,5 créditos de libre configuración por parte da USC. Neste segundo semestre, as clases desenvolveranse de luns a xoves en sesións de hora e media, entre o 18 de febreiro ao 10 de xuño. O CLM é centro examinador oficial dos Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE) dende 1992.