Ir o contido principal

Permanece aberto en Lugo o prazo de matrícula para o curso 'Técnica e Taller de Ritmos Clásicos: Valse e Tango'

A actividade desenvolverase entre o 9 de novembro e o 21 de decembro na Aula de Danza da Facultade de Veterinaria

Ata o venres 9 de novembro continúa aberta a matrícula para o curso 'Técnica e Taller de Ritmos Clásicos: Valse e Tango', organizado polo Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera. Os interesados poden dirixirse á Área de Cultura da USC no Campus de Lugo, situada no edificio da Vicerreitoría de Coordinación de Planificación (tfnos.: 982 821 510 – 982 821 513). O curso, que será impartido por Juan Carlos Zahera, comezará o 9 de novembro e esténdese ata o 21 de decembro próximo (en horario de 20.30 a 22.00 horas) na aula de Danza da Facultade de Veterinaria. A actividade ten un custo de 20 euros para os membros das comunidade universitaria e de 40 euros o resto de participantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2012.