O Persoal de Administración e Servizos e o Docente e Investigador da USC elixe aos seus representantes sindicais nos Comités de Empresa e na Xunta de Persoal

O Persoal de Administración e Servizos e o Docente e Investigador da Universidade de Santiago elixen este xoves, día 24, aos seus representantes no Comité de Empresa e na Xunta de Persoal, tanto do Campus de Santiago como do de Lugo. As mesas electorais permanecerán abertas en horario de 10:00 a 18:00 horas. Os colectivos con dereito a exercer o voto nestas eleccións sindicais son o PDI funcionario e laboral, e o PAS funcionario e laboral, este último articulado en Técnicos e Administrativos e Especialistas e non Cualificados. Para o PDI funcionario haberá mesas de votación, en Santiago, en Bioloxía, Dereito, Farmacia, Física, no edificio central das facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía, en Ciencias Económicas e Empresariais, Filoloxía, Medicina e Odontoloxía, Química e en Xeografía e Historia. Pola súa banda o PDI laboral poderá votar en Ciencias Económicas e Empresariais, Xeografía e Historia e en Química. O lugar de votación vén determinado polo centro de orixe. No Campus de Lugo, as mesas para PDI funcionario emprazaranse na EPS, na Facultade de Ciencias e en Formación do Profesorado, mentres que o PDI laboral votará na EPS. Para o PAS, tanto funcionario como laboral, a mesa estará situada no Colexio de San Xerome de Santiago e na Vicexerencia de Lugo. Para acadar maís información, as persoas interesadas poden dirixirse á paxina web http://www.usc.es/xerencia/Eleccions_2011/Eleccions2011.htm