Ir o contido principal

O persoal de administración e servizos das tres universidades galegas terá ao programa formativo da EGAP

O persoal de administración e servizos das tres universidades galegas terá ao programa formativo da EGAP
O persoal de administración e servizos das tres universidades galegas terá ao programa formativo da EGAP
Asinouse un acordo que inclúe unha oferta inicial de 27 cursos sobre aspectos administrativos

O reitor Juan Viaño xunto aos reitores da Coruña e Vigo asinaron este mércores un convenio co presidente do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Alfonso Rueda Valenzuela, polo que o persoal de administración e servizos das institucións universitarias galegas terán acceso ao programa formativo da EGAP. Segundo o acordo subscrito, ofertaranse 27 cursos nos que se tratarán temas de especial interese para o ámbito administrativo con títulos sobre a elaboración de informes, utilización de ferramentas informáticas, o desenvolvemento de habilidades comunicativas, administración electrónica, protección de datos, interpretación de datos estatístico ou a motivación dentro das organizacións. Cada curso ten o seu propio formato xa que se impartirán en modalidade presencial, pero tamén os haberá en modo de telefomación ou autoformación. Esta iniciativa pon de manifesto o principio de colaboración entre institucións e agárdase que axude a aumentar a eficacia na xestión dos recursos a través do aproveitamento da experiencia e materiais de que dispón a EGAP, centro de referencia para a formación de empregados e empregadas do sector público con máis de 30.000 prazas ofertadas o pasado ano entre cursos, xornadas e actividades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2014.