O persoal da USC concentrouse en protesta polos novos recortes anunciados polo Goberno
O persoal da Universidade de Santiago de Compostela concentrouse este venres diante da Reitoría en Santiago e do Edificio Intercentros en Lugo en sinal de protesta polos novos recortes anunciados polo Goberno que afectan en particular á xente desempregada e á das Administracións Públicas. A concentración convocárona os cinco sindicatos con presenza na Universidade compostelá CCOO, CIG, CSIF, TGU e UGT.