Ir o contido principal

O pianista asturiano Martín García ofrece esta tarde un concerto na Casa do Saber no ciclo Músicas a carón da Mosqueira

Martín García
Martín García
O programa do concerto, de entrada libre e de balde, comeza ás 20.00 horas, e inclúe composicións de Beethoven, Mozart, Chopin e Liszt

O pianista xixonés Martín García ofrece esta tarde, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o segundo dos concertos programados no marco do ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2017, unha organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da USC, Concello e Deputación de Lugo, no marco da que interpretará un programa que inclúe composicións de Beethoven, Mozart, Chopin e Liszt.

Martín García naceu en Xixón en 1996. Comezou os seus estudos musicais de piano ós cinco anos, cos profesores Natalia Mazoun e Ilya Goldfarb Ioffe. Recibiu leccións maxistrais de Naum Grubert e Dimitri Alexeev. Dende o curso académico 2011-2012 é alumno da Escuela Reina Sofía no Departamento de Piano Fundación Banco Santander coa profesora Galina Eguiazarova. Goza de bolsa de matrícula e residencia Fundación Mª Cristina Masaveu Peterson. Gañou o Primeiro Premio en numerosos concursos nacionais, como o de Compositores de España (2005), Antón García Abril de Teruel e Santa Cecilia de Segovia (2006), e Ciudad de San Sebastián e Infanta Cristina (Madrid, 2008). Así mesmo, gañou concursos internacionais como o Anna Artobolevskaya (2005), ou o Rotary Children Music (2008), ámbolos dous en Moscova. Ese mesmo ano obtivo o Primer Premio Absoluto do Concurso Permanente de Mozos Intérpretes, organizado por Xuventudes Musicais de España en Alcalá de Henares. En 2013 recibiu de mans da Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía a Mención de Alumno máis sobresaínte.

Alén dos galardóns acadados, Martín García deu concertos como solista xunto ás orquestras sinfónicas do Principado de Asturias, RTVE e Odón Alonso de León. Tamén actuou en Moscova xunto a Los Virtuosos de Gnessin e en Varsovia, xunto á Joven Orquestra de Cracovia. Actou en escenarios como o Auditorio Sony, nos Premios Save the Children 2012, no Auditorio Nacional de Música, en Madrid, ou no Centro de Músicas Árabes e Mediterráneas de Túnez. Como alumno da Escola, foi solista coa Orquestra Sinfónica Freixenet, baixo a batuta do director Josep Pons. Así mesmo, formou parte do Trío Nielsen e do Grupo Albéniz de Prosegur, baixo a tutela da profesora Márta Gulyás.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2017.