Ir o contido principal

Piano, violín e clarinete soarán en Lugo nun novo concerto de 'Músicas na vidreira'

Alumnos da Escola Oficial de Música Cantarela e do Centro Autorizado Profesional de Música Galén serán os protagonistas do oitavo concerto do ciclo ‘Músicas na vidreira’ que terá lugar este luns 24 ás 14:00 horas na vidreira da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Paula Monte, Daniela Lourenço, Aída Mosquera, Ana Arias e Balder Rivas ofrecerán un recital de violín, piano e clarinete no que se poderán escoitar as pezas Adagio en Fa de Bach, Sonata KV570 de Mozart, Sonata nº1 op.14 de Beethoven e Summertime de Gershwin.
Apoio aos novos talentosO ciclo ‘Músicas na vidreira’ naceu este ano académico ao amparo do convenio Lugo Cultural co obxectivo de servir de apoio aos novos intérpretes lugueses dándolles a oportunidade de actuar cos seus diferentes conservatorios ou agrupacións na vidreira de Veterinaria.
Nesta actividade participan o Conservatorio Profesional de Música de Lugo, a Escola Oficial de Música Cantarela, o Centro Autorizado Profesional de Música Galén, o Conservatorio de Música Profesional de Fingoi e a Escola de Música Fábrica de Sons.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2010.