Unha placa conmemorativa lembra o 80 aniversario do pasamento de Novoa Santos

O edificio docente Roberto Novoa acaba de estrear unha placa en recoñecemento e lembranza do 80 aniversario do pasamento do doutor Novoa Santos, de quen toma o nome. No descubrimento da placa participaron o reitor Juan Casares, o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde. No transcurso deste acto, o profesor Enrique Jiménez referiuse á figura de Roberto Novoa, formado na Universidade de Santiago á que logo retornou como catedrático de Patoloxía Xeral, logo de exercer a práctica médica e ampliar os seus coñecementos na Universidade de Estrasburgo. A de Novoa Santos é unha figura poliédrica polo seu labor na Universidade, tanto en Galicia como fóra, así como polo seu activismo político, xa que foi deputación provincial, ou pola súa produción investigadora. A placa conmemorativa atópase no acceso do edificio Roberto Novoa, un espazo cunha superficie de 5.240 metros cadrados distribuídos en cinco dedicados á docencia e á investigación a carón do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.