Ir o contido principal

As plantas medicinais e o seu uso tradicional centran unha xornada monográfica na Estación Científica do Courel

María Moure Oteyza ofrecerá os dous relatorios programados neste curso, que se desenvolverá o 23 de maio e que inclúe unha saída de campo en quenda de tarde

As plantas medicinais e o seu uso tradicional centrarán a temática dunha xornada monográfica que se desenvolverá o vindeiro 23 de maio na Estación Científica do Courel. A licenciada en Farmacia María Moure Oteyza será a relatora encargada de ofrecer os dous relatorios programados no marco deste seminario, que se prolongará desde as 10.30 ata as 19.30 horas e inclúe unha saída ao campo en quenda de tarde.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, promovida pola USC en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo e a través da que se pon en valor O Courel como referente da sabedoría e tradicións populares de Galicia, poderán facer a súa inscrición de balde a través dos números de teléfono 648 051 928 ou 600 942 418. Tamén se pode facer matrícula a través do envío da pertinente solicitude de participación aos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) ou antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2015.