Podio para dous atletas da USC no europeo de veteranos en pista cuberta
Otero Cepeda, campión de Europa, e Esther Pedrosa, subcampioa
Dous atletas do Club USC subiron ao podio na primeira xornada do IX Campionato de Europa de Veteranos en Pista Cuberta que se está a celebrar en San Sebastián. Xosé Luís Otero Cepeda proclamouse campión de Europa en 3.000 metros lisos na categoría M60. Cepeda fixo un tempo de 10:03.22, por diante do británico David Oxland e do español Fermin Domingo Fuentes. Ao podio subiu tamén Esther Pedrosa como subcampioa de Europa en 3.000 metros lisos na categoría W50. A atleta do Club USC, que asinou unha marca de 10:56:79, entrou na meta por detrás da italiana Nadia Dandolo e superando á española Marisol Ramos.