Ir o contido principal

A Politécnica celebra con diversos os dez anos da implantación dos estudos de Enxeñaría Civil e Xeomática e Topografía en Lugo

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo organizará diversos actos para celebrar os dez anos da implantación dos estudos de Enxeñaría Civil e Enxeñaría en Xeomática e Topografía no centro universitario lugués.

O director da Politécnica, Javier Bueno Lema; o profesor responsable da coordinación do actual título de grao en Enxeñaría Civil, Alberte Castro Ponte, e Jaime Rodríguez Pereña, como coordinador do grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía informarán este martes, a partir das 11.00 horas, na sala de Xuntas da Escola Politécnica, das distintas actividades programadas co gallo da celebración deste décimo aniversario. Bueno Lema tamén aproveitará a presentación deste programa de actividades organizadas para celebrar durante os vindeiros meses para facer balance dos resultados rexistrados e da evolución experimentada por dúas das últimas titulacións implantadas no campus lugués, ademais de para reflexionar sobre o futuro destes estudos e dos titulados xa egresados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2014.