Ir o contido principal

A pontesa Alicia Cañizares Sánchez gaña o premio ao mellor proxecto de Topografía presentado na USC na última década

Alicia Cañizares, segunda pola dereita, na Escola Politécnica Superior de Lugo con María Iniesto e outros estudantes de Topografía
Alicia Cañizares, segunda pola dereita, na Escola Politécnica Superior de Lugo con María Iniesto e outros estudantes de Topografía
A enxeñeira egresada da EPS recibe o galardón do Colexio de Topógrafos por un estudo xeométrico de deformacións con tecnoloxía escáner láser aplicado á muralla de Lugo

A pontesa Alicia Cañizares Sánchez gaña o premio ao mellor proxecto de Topografía presentado na USC ao longo da última década por un traballo dirixido pola profesor María Iniesto Alba e que se desenvolve baixo o título ‘Estudo xeométrico de de formacións con tecnoloxía escáner láser. Aplicación á muralla romana de Lugo’.

O recoñecemento por parte do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía de Galicia ao proxecto de fin de carreira presentado na convocatoria do ano 2010 pola enxeñeira egresada da Escola Politécnica Superior súmase a outros galardóns xa recabados antes pola súa autora en certames nacionais e incluso de carácter internacional. De feito, o proxecto de fin de carreira desenvolvido por Alicia Cañizares e no que incluía unha aplicación concreta á un monumento Patrimonio da Humanidade, como o é a muralla romana de Lugo, xa acadara o segundo galardón no X Premio San Isidoro do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía. Asemade, o ano pasado, a proposta desenvolvida por esta enxeñeira pontesa tamén foi distinguida co Premio para Jóvenes Topógrafos Europeos 2013, na categoría de GIS, Cartografía e Catastro. Este galardón, de carácter internacional, está promovido polo Council of European Godetic Surveyors (GLGE). O fallo dos galardóns do certame convocado pola delegación territorial de Galicia do COIT de Topógrafos deuse a coñecer no marco da xornada de confraternidade San Isidoro 2014, que congregou preto de 100 profesionais, estudantes e colexiados no campus de Lugo, logo de que os distintos representantes presentes do órgano colexiado, así como outros profesionais e profesores da titulación de grao de Enxeñaría en Xeomática en Topografía se pronunciaran sobre a proposta gañadora. Este certame, que se desenvolveu ao longo de dúas fases, recibiu un total de 14 candidaturas. Unha comisión avaliadora presidida polo director do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia, Pablo Carballo Cruz e integrada por outros catro enxeñeiros en Topografía, fixo unha primeira selección, na que se escolleron seis propostas como finalistas. Alicia Cañizares acadaría finalmente o primeiro premio deste certame, mentras que o segundo galardón foi para a estudante de grao de Exneñaría en Xeomática e Topografía Águeda Costas Comesaña, polo proxecto ‘Actualización da cartografía a gran escala a partir de vos aéreos non tripulados. Caso de estudio: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela’. Os outro catro accésits recaeron nos estudantes de grao na EPS David Gallo Mosquera, polo proxecto ‘Tecnoloxía e aplicacións dos UAV (vehículos aéreos non tripulados) na documentación arqueolóxica. Caso de estudo: A cidade hispano musulmana de Vascos (Navalmoralejo, Toledo). Estela Paradelo Fernández recibiu outro accésit polo traballo ‘Levantamento e documentación xeométrica da cidade de Vascos mediante láser escáner terrestre’. Os proxectos ‘Integración de tecnoloxías de láser escáner terrestre e llidar na reconstrución 3D do patrimonio. Caso de estudo: Igrexa de San Xoán de Lagostelle en Guitiriz’, de Jorge Peña López, e ‘Análise fotogramétrico dos cruceiros do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo’, unha proposta desenvolvida por Borja Rodríguez Fernández, tamén foi distinguida cun accésit.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2014.