Portas abertas das escolas deportivas da USC durante toda a semana
Calquera persoa interesada poderá achegarse a vindeira semana á Universidade de Santiago para participar, de maneira gratuíta, en trece escolas deportivas que ofrece anualmente a institución.
Trátase de karate, ioga, danza do ventre, ximnasia terapéutica, pilates, aeróbic, taichi, esgrima, bailes de salón, kung fu, ximnasia de mantemento, mellora da condición física e taekwondo.
Os interesados poden acadar máis información sobre os lugares e horarios chamando ao teléfono 981563100 coas extensións 15076, 15078, 15071, 15072 e 15073.