Ir o contido principal

Portátiles, teléfonos móbiles e matrículas de balde aos estudantes que se matricularon na USC vía internet

En total entregáronse tres ordenadores, vinte móbiles e outras tantas matrículas de balde aos estudantes agraciados nun sorteo realizado entre os que se matricularon pola web

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, entregou este martes tres ordenadores portátiles, vinte teléfonos móbiles e outras tantas matrículas de balde aos estudantes agraciados nun sorteo celebrado o pasado mes de decembro entre os que se matricularon utilizando a modalidade web. Ao acto de entrega tamén asistiron o vicerreitor de Economía e Finanzamento, Miguel A. Vázquez Taín; a secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja Gayoso; o secretario xeral adxunto, Carlos Gómez Otero; o vicexerente do Servizo de Xestión Académica, Francisco Colomer Fariña; e o xefe do Servizo de Xestión Académica, Ramón García Rois.
Na sesión, Senén Barro subliñou que a matrícula a través de internet, que se xestiona a través da ferramenta Xescampus, é un medio áxil para formalizar as relacións administrativas entre o estudantado e a Universidade de Santiago. Nesta liña, a USC mellora cada ano as prestacións deste servizo incluíndo dende este curso académico a posibilidade de facer a matrícula de fin de carreira e que todos os alumnos podan modificar a mesma de xeito electrónico.
Os resultados estatísticos indican que cada ano crece o número de alumnos interesados en formalizar a súa matrícula a través da rede. Así, o reitor destacou que dende o curso 2004-05 ata a actualidade incrementouse practicamente nun 50 por cento a cantidade de estudantes que preferiu este medio para matricularse. Seguindo con esta tendencia, en 2006-07 case 4 de cada 10 alumnos matriculados formalizaron este trámite por vía web.
Con estas iniciativas, a USC aspira a que a maior parte dos trámites administrativos se fagan a través da rede como xa ocorre no caso dos novos Programas Oficiais de Posgrao ou nos cursos de verán. De cara ao futuro, a universidade compostelá pretende que o acceso a todos os seus planos de estudos poida formalizarse a través de internet.
Na entrega de premios, o reitor tamén subliñou a importancia doutros programas da USC que buscan fomentar o uso das novas tecnoloxías da información e das comunicacións como, por exemplo, as iniciativas pioneiras no Estado español que permiten coñecer as notas académicas SMS e o acceso a internet a través da rede sen fíos.
Gañadores do sorteoNo sorteo, os portátiles recaeron nos alumnos Jorge López-Sarry Álvarez, Olimpio dos Santos Castro, e Alejandra Echizarreta Díaz. Pola súa banda, os estudantes que recibirán os teléfonos móbiles, donados por Redcom, Nokia e Publigal, son Rafael Sexto Alende, Rocío Blanco Mosquera, Lorena Pereira Estévez, Laura Edreira Iglesias, María del Carmen Almodóvar Picón, Pablo Rodríguez Padín, Gabriel Sanmartín Díaz, Romina Penelo Rocha, Daniel Sanso-Rubert Pascual, Alberto Lago Alonso, Pamela Martínez Bouzón, Rebeca González Cabaleiro, Sergio Silva Bautista, Tania González Lavandeira, Marta Méndez Vilas, Serafín Alonso Casas, Cristina Alen Seoane, María Lago Lestón, Juan Francisco García Iglesias e Carmen Torreiro Santos.
Finalmente, no sorteo das vinte matrículas de balde, resultaron seleccionados Miguel Súarez Omil, Jorge Sousa Herves, Alexandra Pérez García, Lucía Fernández Rodríguez, Carlos Fuentes López, Julia Rúa Nieves, Miguel Rosales Sueiro, Javier Enrique Prado Vega, Laura Alén Otero, Gonzalo Moreira García, Margarita Lorenzo González, Xan Carlos Ansia Rodríguez, Bibiana Cives Sánchez, Ada María Pérez Pico, Ismael Mosteiro Fernández, Helena Isabel García de Llano, Samuel Garabal Fernández, Luz Berta López Crespo, Noelia Martín Galán e Eva Lázaro López.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2007.