Ir o contido principal

A práctica xurídica a través da linguaxe centra un curso de verán da USC na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo

Cartaz da Universidade de Verán 2018 da USC
Cartaz da Universidade de Verán 2018 da USC

A Universidade de Verán 2018 ofrece do 18 ao 22 de xuño na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC un curso no que abordará A práctica xurídica a través da linguaxe. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación de todas as interesadas pola temática, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 8 de xuño.

O obxectivo do curso estival da USC dirixido pola profesora da USC Mercedes Montes Rodríguez e do que actúa como secretaria María Gómez Barreiro, é achegar os alumnos a unha base conceptual xurídica que lles permita desenvolver actividades e accións formalizadas e axustadas á lexislación vixente.

O alumnado que formalice a súa matrícula neste programa da Universidade de Verán 2018 da USC terá a oportunidade de traballar en afondar en contidos relacionados coa prevención de riscos laborais, presentación de proxectos públicos, oposicións, concursos públicos, solicitudes e convocatorias, actuación pericial, litixios de diferente natureza xurídica, redacción de escritos formais, comunicación con entes públicos, actuación xudicial, manexo da lexislación, procura na xurisprudencia, procesos formalizados, protocolos e pautas de actuación e termos lexislativos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2018.