Ir o contido principal

O prazo para concorrer ao Premio Xohana Torres remata o 30 de decembro

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame creado en 1993 ten por obxecto potenciar a presenza e o recoñecemento social das mulleres en todos os ámbitos da sociedade
Lugo, Santiago de Compostela

Xa está en marcha unha nova edición do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega. O certame creado en 1993 ten por obxecto potenciar a presenza e o recoñecemento social  das mulleres en todos os ámbitos da sociedade, facer visible as súas diversas achegas ao longo da  historia, promover a igualdade efectiva de mulleres e homes e erradicar as diferentes formas de  discriminación e desigualdade que viven a día de hoxe as mulleres. O prazo de presentación dos traballos finaliza o 30 de decembro de 2025 ás 14.00 horas. 

Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación das mulleres na sociedade e terán como obxectivo resaltar o papel protagonista ou o esquecemento das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega. Poderán ser de carácter histórico, político, científico, literario, ou artístico, e ter forma de ensaio, investigación científica ou composición audiovisual, e sempre se referirán a mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia. Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 euros, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2025.