O prazo para o concurso de relato curto de Alumni estenderase ata o 15 de decembro
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) convocan a décimo segunda edición do Premio de Relato Curto, aberto ao público xeral e de temática libre. As persoas interesadas poderán presentar ata o 15 de decembro as súas propostas, de carácter rigorosamente inéditas e redactadas en lingua galega. O relato terá un máximo de sete folios e presentarase por triplicado, mecanografiado e a dobre espazo en DIN A4 e por unha cara en Times New Roman tamaño 12.
Os texto enviaranse por correo certificado á sede da Asociación, Casa da Concha na rúa da Conga, 1, 15704 Santiago de Compostela. Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo, acompañados dun sobre pechado en cuxo exterior figura o pseudónimo e no seu interior unha folla co nome e apelidos, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico do/a autor/a. O xurado estará composto por persoas entendidas na materia. O premio terá unha dotación de 500 euros e patrocínao o Instituto Policlínico La Rosaleda.