Ir o contido principal

O prazo para inscribirse no programa ‘Explorer - Jóvenes con ideas’ remata este venres 15

O prazo para inscribirse no programa ‘Explorer - Jóvenes con ideas’ remata este venres 15
O prazo para inscribirse no programa ‘Explorer - Jóvenes con ideas’ remata este venres 15

O programa ‘Explorer - Jóvenes con ideas’ amplía o seu prazo de inscrición ata as 14.00 horas do venres 15. Este programa é unha oportunidade para formarse de xeito gratuíto e adquirir habilidades profesionais e os coñecementos necesarios para sacar adiante unha idea empresarial innovadora e de base tecnolóxica, da man de expertos de primeiro nivel. Xunto á formación presencial en innovación, liderado, finanzas, márketing ou modelos de negocio, entre outros, un titor encargarase de asesorar a cada participante durante todo o programa nos Explorer Space de Santiago e Lugo, situados no Edificio Emprendia do Campus Vida e na Facultade de ADE do Campus Terra, respectivamente.

Finalizado o proceso de formación, os mellores participantes de cada un dos Explorer Space viaxarán a Silicon Valley, a meca mundial da innovación. Ademais, os tres mellores proxectos de todo o país recibirán unha dotación económica para axudarlles a poñer en marcha o seu negocio: 30.000€ para o primeiro premio, 20.000€ para o segundo e 10.000€ para o terceiro, xunto co premio Woman Explorer Award dotado con 20.000€ e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio mais innovador.

Este programa está promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e a colaboración, a nivel local, da Universidade de Santiago de Compostela e da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. Explorer desenvólvese en máis de 45 cidades con centros de formación propios en cada localidade. Todas as persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio e optar as viaxes e 80.000 euros en premios, deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en www.explorerbyx.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2017.