O prazo de inscrición para os exames de certificación do Goethe Institut comeza o luns 20
O Centro de Linguas Modernas (CLM) abrirá o vindeiro luns 20 o prazo de inscrición nas probas correspondentes aos exames de acreditación do nivel de lingua alemá do Goethe Institut, procedemento que se poderá formalizar ata o 15 de maio no negociado do CLM. As probas correspondentes aos certificados A1, A2 e B1 celebraranse entre os meses de xuño e xullo, con horarios diferenciados para as probas escrita e oral. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a web do CLM.