O último prazo de matrícula en estudos de grao estenderase do 26 ao 28 de outubro

Administración e Dirección de Empresas, Paisaxe, diversas enxeñarías, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural ou Relacións Laborais e Recursos Humanos son algunhas das titulacións nas que alumnado que reúna os requisitos poderá aínda realizar a súa matrícula para iniciar estudos na USC no presente curso académico. Logo do proceso de admisión da CIUG, ábrese este último período nas prazas restantes, que se cubrirán por orde de solicitude.
As persoas interesadas deben realizar o trámite especificamente entre os días 26 e 28 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 horas na Unidade de Xestión Académica do Campus lugués. As últimas prazas están dispoñibles en Administración e Dirección de Empresas (8 prazas), Paisaxe (36), Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (24 en modalidade presencial e 7 en semipresencial), Enxeñaría Civil (27), Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (30), Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (19), Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria (3) e en Relacións Laborais e Recursos Humanos (14).