Ir o contido principal

O prazo para participar no III Concurso Innovatia 8.3 manterase aberto ata o 8 de setembro

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame ten como obxectivo distinguir a empresas sobre proxectos innovadores liderados por mulleres e creados co apoio das universidades ou Organismos Públicos de Emprego
Lugo, Santiago de Compostela

A USC e o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades acaban de convocar o III Concurso Innovatia 8.3 dirixido a distinguir a empresas sobre proxectos innovadores liderados por mulleres e creados co apoio das universidades ou Organismos Públicos de Emprego (OPIs). O prazo de presentación de candidaturas manterase aberto dende o 15 de xuño, ata o 8 de setembro. As solicitudes poden presentarse a través dun formulario en liña.

Poderán participar no certame aquelas mulleres que creasen empresas con presenza feminina maioritaria no seu Consello de Dirección ou Consello de Administración e que fosen creadas co apoio dalgunha das universidades españolas ou dos OPIs. O concurso tamén ten por obxecto promover a igualdade de oportunidades entre persoas de ambos os dous xéneros no ámbito universitario e tecnolóxico.

As empresas candidatas optarán a dous galardóns. Por unha banda, o premio ao proxecto empresarial de base tecnolóxica dotado con 10.000 euros; e pola outra, o premio a proxecto empresarial Startup dotado con 7.000 euros. En ambos os dous casos, a antigüidade do proxecto empresarial non pode superar os cinco anos. Cada proxecto empresarial participante poderá recibir como máximo un premio.

Criterios de valoración

O comité avaliador terá en conta a viabilidade económica e financeira do proxecto; o grao de innovación do produto, proceso ou servizo; o volume de emprego creado ou proxectado; o carácter multidisciplinar do equipo promotor formado por mulleres e homes; así como ter en consideración políticas de igualdade, na actividade da empresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2020.