Ir o contido principal

O prazo para participar no X Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC rematará o 31 de decembro

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) convoca a décima edición do Premio de Relato Curto, convocatoria aberta ao público en xeral cuxo prazo de admisión de traballos estará aberto ata o 31 de decembro de 2015. O tema do texto proposto será de libre elección e deberá ser rigorosamente inédito e redactado en lingua galega. A extensión máximo serán sete folios mecanografados a dobre espazo en DIN A4 e a unha cara, en corpo 12 de Times New Roman.

Os traballos enviaranse por triplicado e en correo certificado á sede da Asociación na Casa da Concha, rúa da Conga, 1 (15704 Santiago de Compostela). Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo acompañando a tal fin un sobre pechado en cuxo interior se engadirá unha folla co nome e apelidos do/a autor/a, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2015.