O prazo para participar nos premios á introdución da perspectiva de xénero remata a finais de mes

O prazo para participar na sétima edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na docencia e na investigación estenderase ata o próximo 30 de setembro. Trátase dunha iniciativa enmarcada nas liñas de actuación do segundo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.
A convocatoria contempla dúas modalidades de participación para membros e equipos do persoal docente e investigador da universidade compostelá. Unha dirixida ás accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero no ámbito docente, e a segunda para a posta en valor de traballos de investigación en calquera ámbito de coñecemento. Por cada unha delas concederanse tres premios de 750, 500 ou 300 euros.