Ir o contido principal

O prazo para participar na quinta edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero estenderase ata o 30 de setembro

Xa está en marcha unha nova edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero que convoca a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social a través da Oficina de Igualdade de Xénero co fin de recoñecer experiencias postas en marcha nos últimos anos nesta materia. A admisión de orixinais estará aberta ata o 30 de setembro. A iniciativa –que responde ao II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC– contempla dúas modalidades de participación dirixidas a membros e equipos do PDI da USC. Unha primeira para as accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia na USC e outra que valora os traballos de investigación en calquera ámbito do coñecemento. Premiaranse ata un máximo de seis experiencias que o xurado considere de maior calidade. Deste xeito establécense tres premios por cada modalidade de entre 1.000 e 500 euros de contía. Para acadar máis información sobre a convocatoria as persoas interesadas poden consultar as bases do Premio na páxina web da Oficina de Igualdade de Xénero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2014.