Ir o contido principal

O prazo para participar na quinta edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero remata o 30 de setembro

O prazo para participar na quinta edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero remata o 30 de setembro
O prazo para participar na quinta edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero remata o 30 de setembro

O prazo para participar na convocatoria dos Premios á introdución da perspectiva de xénero entra na súa fase final a data límite para a recepción de propostas rematará o próximo 30 de setembro. Esta é unha convocatoria da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social que a través da Oficina de Igualdade de Xénero propón recoñecer experiencias postas en marcha nos últimos anos nesta materia. A iniciativa –que responde ao II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC– contempla dúas modalidades de participación dirixidas a membros e equipos do PDI da USC. Unha primeira para as accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia na USC e outra que valora os traballos de investigación en calquera ámbito do coñecemento. Premiaranse ata un máximo de seis experiencias que o xurado considere de maior calidade. Deste xeito establécense tres premios por cada modalidade de entre 1.000 e 500 euros de contía. Para acadar máis información sobre a convocatoria as persoas interesadas poden consultar as bases do Premio na páxina web da Oficina de Igualdade de Xénero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2014.