Ir o contido principal

O prazo do I Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán remata o 30 de setembro

A Universidade de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País (RSEAP) convocan a primeira edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán. A iniciativa pon de relevo a importancia deste personaxe na historia da Sociedade Económica, da que foi director, e “o seu amor ás ciencias e Galicia, a súa terra natal”.
A este premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período e motivo da creación desta sociedade.
Cunha dotación de 2.000 euros de premio para a obra gañadora así como a súa publicación, á convocatoria poderán presentarse traballo inéditos, coleccións de traballos parciais ou artigos científicos xa editados, sempre que non supoñan unha recompilación. Estarán redactados en calquera das catro linguais oficiais do Estado cunha extensión de entre 75 e 500 folios en Din A-4.
O premio está orientado a persoal investigador, investigadores en formación ou posgraduados, debendo para elo presentar os seus traballos antes do 30 de setembro de 2009 na RSEAPS (Praza Salvador Parga, 4-2º. 15704 Santiago). O ditame da convocatoria darase a coñecer en decembro de 2009 por un xurado que conformarán o vicerreitor de Política Internacional da USC, o decano da Facultade de Xeografía e Historia, o director do Departamento de Historia Económica da USC e o presidente e o secretario da RSEAPS.
Domingo FontánDomingo Fontán (Portas, 1788) é o autor da Carta Xeométrica de Galicia de 1834, primeiro mapa realizado en España con rigor científico mediante métodos matemáticos, que sería a base para a realización do trazado de novas estradas. Despois de desempeñar varias cátedras na Universidade de Santiago, foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid, traballando tamén en Topopgrafía, Cosmografía, Xeodesia e Astronomía. Faleceu en 866 en Cuntis e está enterrado no Panteón dos Galegos Ilustres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2009.