Premian nun congreso en Granada o traballo de investigación de dous estudantes de Odontoloxía da USC

Os estudantes de doutoramento da Facultade de Odontoloxía da USC Víctor Quintas González e Isabel Prada López foron premiados polo seu póster de investigación no Congreso Nacional da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración (SEPA) celebrado en Granada entre os días 23 e 25 de maio. Os estudantes, pertencentes ao grupo de investigación da profesora Inmaculada Tomás Carmona, vicedecana da Facultade, presentaron o traballo ‘Análise in situ da sustantividade dos aceites esenciais sobre o biofilm de placa dental: aceites esenciais vs clorhexidina’.