O Premio Príncipe de Asturias Pedro Etxenike pronuncia unha conferencia en Fonseca
Pedro Miguel Etxenique Landiríbar, Premio Príncipe de Asturias da Ciencia en 1998, pronunciará este xoves 4 en Santiago unha conferencia convidado pola Cátedra Fundación Caixa Galicia-Universidad de Santiago de Compostela.
O relatorio do catedrático de Física da Materia Condensada da Universidade do País Vasco, que se desenvolverá ás 20:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, leva por título ‘O útil de coñecer: o gran reto do pequeno’.