Presentación dos actos do Día Internacional da Lingua Materna
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o deputado provincial delegado das áreas de Cultura, Turismo, Educación e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo, e a profesora da USC e membro da plataforma Proxéctate en galego, que abrangue as distintas comisións de normalización lingüística do campus de Lugo, presentarán este xoves, a partir das 11.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, os actos programados para conmemorar o sábado 21 o Día Internacional da Lingua Materna.
A actividade programada co gallo do Día Internacional da Lingua Materna desenvolverase o sábado 21, a partir das 11.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, e consistirá nunha táboa redonda, que leva por título ‘Riqueza lingüística e ensino’ e que estará moderada por María Xosé Rodríguez Valcárcel.