Ir o contido principal

Presentación dos actos organizados en Lugo co gallo do Día da Ciencia en Galego

Cartaz da programación de actos do Día da Ciencia en Galego
Cartaz da programación de actos do Día da Ciencia en Galego

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o profesor da USC e membro colectivo universitario Proxéctate en Galego Marcelino Maneiro, e a directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, presentarán este xoves, ás 11.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o programa de actividades que se desenvolverán na sede universitaria luguesa para conmemorar o Día da Ciencia en Galego.

As actividades organizadas no campus de Lugo para conmemorar o Día da Ciencia en Galego desenvolveranse o 4 e o 10 de novembro e o seu obxectivo principal é o de dar a coñecer e achegar a ciencia e tamén as persoas que a fixeron ou que están a investigar na actualidade á sociedade luguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2015.