Ir o contido principal

Presentación das bases do XVI Premio Aresa

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo da USC, Javier Bueno Lema, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, darán a coñecer este xoves as bases da edición de 2015 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado conxuntamente coa USC e cuxo prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata finais de outubro.

O acto desenvolverase ás 11.30 horas na fábrica que o grupo de subministros agrogandeiros Aresa ten no concello de Rábade e inclúe unha visita polas instalacións da factoría industrial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2015.