Presentación da Cátedra Cruz Roja Española na USC
O reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente nacional de Cruz Roja Española, Javier Senet, asinan este mércores 27 o convenio para a creación da Cátedra Cruz Roja Española para a mellora da calidade de vida das persoas maiores.
O acto de presentación, que será ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, contará ademais coa presenza do conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey, e do que será o director da Cátedra, o profesor da USC Manuel Gandoy.