Ir o contido principal

Presentación da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia

A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia presentarase este venres 26 aos medios de comunicación no transcurso dunha rolda de prensa na que ademais se dará conta da que será a súa programación de actividades para o presente ano.
Na presentación, que se vai celebrar a partir das 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, comparecerán o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino e o director da Cátedra, Juan Gestal Otero. Tamén asistirán o decano da Facultade de Medicina, José M. Fraga, e o co-director da cátedra, Luis Rodríguez Míguez.
Fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da Hidroloxía Médica é a finalidade desta cátedra institucional que a USC e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia promoven en virtude dun convenio asinado a finais do pasado ano. A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, con sede na Facultade de Medicina, encargarase da organización de cursos, seminarios ou conferencias; a promoción da investigación neste eido; así de favorecer a difusión e o coñecemento de todo o relacionado coas aplicacións da hidroloxía no eido da medicina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2010.