Presentación do ciclo 'Musicas a carón da Mosqueira' do programa Lugo Cultural
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o delegado da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, presentarán un novo ciclo do programa Lugo Cultural para o ano 2008. Será ás 11:30 do luns 7 de xaneiro na Sala de Prensa da Vicerreitoría.
Este grupo de catro concertos leva por título ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e terá o seu inicio neste mes de xaneiro combinando a música clásica coa electroacústica.
Durante a presentación haberá unha pequena actuación musical dunha zancuda, a cargo dunha alumna da Escola de Formación do Profesorado e compoñente da Compañía de Teatro da USC.