Ir o contido principal

Presentación do Ciclo de Teatro (é) Educación

Para achegar as manifestacións teatrais de grupos que desenvolven a súa actividade nas vilas e aldeas de Galicia e reflexionar sobre o significado do seu traballo na vida asociativa e comunitaria local, a Vicerreitoría de Cultura da USC organiza o Ciclo de Teatro (é) Educación. A sesións celebraranse na Facultade de Filoloxía os días 2, 8, 15 e 22 abril.
O ciclo, no que colabora a Comisión de Actividades Culturais e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación, presentarase en rolda de prensa este martes, 1 de abril, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. No acto participarán o director xeral de Creación e Difusión Cultura, Luís Bará, o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; o decano de Ciencias da Educación, Lois Ferradás; e o vicedecano do mesmo centro, Xesús Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2008.