Presentación do concurso de proxectos fin de carreira para as dúas titulacións da Facultade de Ciencias de Lugo
O decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga López, presentará este martes 27, ás 12:30 horas, o concurso dos proxectos fin de carreira para as titulacións de Tecnoloxía dos alimentos e Enxeñaría Técnica Industrial, que este ano chega á súa terceira edición, no primeiro caso, e á cuarta, no segundo. Nesta presentación, o decano estará acompañado por representantes das empresas e entidades colaboradoras nesta edición, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Ingapan, Proitec e as asociacións de estudantes e licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (Altaga e Atabeira).
A presentación desta convocatoria terá lugar no Salón de Grados da Facultade de Ciencias e nela se dará conta das bases desta convocatoria, que finaliza o día 30 deste mes e na que participarán os proxectos fin de carreira do pasado curso académico.