Ir o contido principal

Presentación da convocatoria 2015 do programa de conciliación Verán CampUSC 2015

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 13 anos, o programa Verán CampUSC 2015 desenvolverase dende o 22 de xuño ata mediados de setembro como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar. A iniciativa tamén está dirixida ao público en xeral. As características da convocatoria deste ano presentaranas en rolda de prensa este martes 21 a adxunta da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, María del Carmen Segura Iglesias, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida Otero. A presentación aos medios de comunicación celebrarase a partir das 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. En Verán CampUSC amosaranse aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico. Este é un programa que organizan a Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social coa colaboración do Servizo de Deportes da USC, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2015.