Presentación da convocatoria do I Premio 'A USC crea, a USC innova'
Con motivo da celebración do Ano da Creatividade e a Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela convoca o I Premio ‘A USC crea, a USC innova’. O seu obxecto é dar a coñecer as distintas iniciativas innovadoras que, impulsadas por persoal vinculado á USC, se están levando a cabo no contorno máis inmediato, facendo agromar todas aquelas accións que abordan cuestións do día a día de maneira creativa e orixinal.
As principais características da convocatoria de ‘A USC crea, a USC innova’ presentaranse este xoves 25 ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que intervirán a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso, e a directora de xestión da Investigación, Sonia Martínez Arca.